Galicia Confidencial ten denunciado moitas veces como as administracións reparten anuncios e convenios a dedo entre certos medios. Así, sucedeu, por exemplo, coa visita papal.
Agora é un dos propios xornais afectados quen confirma como o Goberno explota as campañas de publicidade para comprar liñas editoriais. Trátase, ademais, dun presunto e grave caso de corrupción.
Atentos ao publicado por La Región de Ourense, tamén dona do Atlántico Diario:
"Enrique Varela es el hombre elegido por el secretario xeral Alfonso Cabaleiro, para regular, supuestamente de forma objetiva, las relaciones comerciales del Ejecutivo autonómico con los medios de comunicación.
Para ello, ha mantenido reuniones con directivos de empresas del sector en las que les comunicó su intención de crear un nuevo marco, con el que pretende intervenir e imponer la política de precios, ahora estipulada por la realidad del mercado y la libre competencia.
Además, la intención de Enrique Varela, cuyo diálogo con los medios se ha desarrollado en ocasiones en tono amenazante, consiste en imponer como intermediarias en la facturación a terceras empresas (elegidas discrecionalmente por la propia administración) que se quedarían con un porcentaje de las ventas.
En este tenso diálogo con las empresas de comunicación, Varela no ha dudado en intentar condicionar las campañas de publicidad de la Xunta con exigencias de carácter informativo, con la pretensión de garantizar un trato amable y favorable a los intereses de los dirigentes del PPdeG y del Gobierno gallego".
Entre as empresas "elegidas discrecionalmente por la propia administración" está a axencia Publitia. Esta compañía é filial ao 100% da empresa "Salón Mirate", fundanda por Enrique Varela, o asesor da secretaría xeral de Medios, e dirixida polo seu cuñado, Jesús María Ramos Arévalo.
É máis, Enrique Varela foi administrador único de Salón Mírate até xaneiro deste ano, meses despois de que comezar a actuar como asesor de Alfonso Cabaleiro e Feijóo.
En definitiva, La Región denuncia que un asesor de Feijóo chantaxea aos medios cos anuncios da Xunta para lograr un bo trato para os políticos conservadores. Ese mesmo asesor desviaría a tramitación dos anuncios, coa correspondente comisión, a través dunha empresa propiedade dun familiar seu e que el mesmo dirixiu até este ano, meses despois de comezar a actuar como intermediador entre a Presidencia da Xunta e os medios.
Galicia Confidencial confirmou no Rexistro Mercantil que os datos de La Región sobre Enrique Varela son certos. Ademais de Publitia, tamén mantivo relacións societarias coas consultoras Varela Vázquez Comunicación, Publimax Vigo e Tevemos Comunicación.
A credibilidade da denuncia é maior porque provén dun grupo mediático tradicionalmente moi próximo ao PPdeG. Ademais, os seus diarios reproducen dúas ordes de publicidade deste ano que proban a intermediación das empresas vinculadas a Varela." (Galicia Confidencial, 12/11/2010)
"Todos os xornais deixan só a La Región na denuncia da chantaxe publicitaria da Xunta. O presidente e o secretario de Medios, forzados a pronunciarse tras levar o PSdeG a presunta extorsión ao Parlamento. Audio de Feijóo e novidades sobre o caso Quique Varela no interior.
Un parágrafo ao final dun teletipo e a reacción de Feijóo e do PSdeG reproducida na propia La Región
Isto é toda a repercusión da denuncia lanzada dende o diario ourensán sobre un presunto e grave caso de corrupción coa publicidade da Xunta." (Galicia Confidencial, 13/11/2010)
1 comentario:
Publicar un comentario